viernes, 13 de enero de 2012

Técnica dos tres deseos do genio

Definión

É unha técnica de analisé da realidade onde os participantes piden tres desexos.

Ficha técnica

Tamaño do grupo: un grupo mediano-grande

Duración: aprox. 30 minutos

Perfil dos destinatarios: a partir de 8 años

Organización dos destinatarios: en circulo

Recursos necesarios: papeles e bolígrafos

Rol do animador

El dirixe a actividade, e obten o rol de mediador.

Desarrollo da técnica

Este é o noso caso, temos un xenio disposto a concedernos tres desexos en relación a algunha situación ou problema determinado (por exemplo, en relación ao desenvolvemento do propio grupo, á solución dalgún problema que lle afecte, etc). Só pide que eses desexos sexan posibles e realistas, ou sexa, que se poidan conseguir sen recorrer a forzas extraordinarias ou sobrenaturais, que dependan da acción humana e sexan coherentes coas condicións concretas e reais existentes. Pide tamén que eses tres desexos sexan os máis importantes porque respondan ás principais necesidades relacionadas co tema ou cuestión que seleccionásemos.

Cada participante deberá pensar e escribir os seus tres desexos. Logo repartirémonos en subgrupos e compararemos, durante media hora, os nosos desexos, intentando seleccionar, de entre todos, os tres máis importantes en opinión de todo o subgrupo.

A continuación realizaremos unha posta en común, na que o voceiro de cada subgrupo irá expoñendo os seus desexos, mentres imos tomando nota de todos eles na lousa ou rotafolio.

Cando estean todos reflectidos, eliminaremos aqueles que sexan máis "máxicos", que dependan da vontade ou a acción doutras persoas alleas ao grupo, que non sexan fundamentais, que non sexan realistas. Logo, agruparemos colectivamente os que queden pola súa afinidade ou similitude. Por último, seleccionaremos os tres desexos comúns que imos pedirlle ao xenio.

Os xenios, como todo o mundo sabe, só existen nos contos. O único "xenio" que coñecemos é o propio grupo, capaz co seu esforzo de lograr o que se propoña e estea ao seu alcance. En consecuencia, tomaremos un por un os desexos e debateremos entre todos a forma de alcanzalos, identificando os pasos necesarios que debemos dar para que se leven a cabo.

Obxetivos que permite alcanzar

Obter un ánalise detallado do grupo e tamén de cada individuo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario